A EDAR de Corrubedo entrará en funcionamento a principios de ano

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/edarcorrubedoribeira1111141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/11/edarcorrubedoribeira111114.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Así o confirmou o alcalde, Manuel Ruíz, quen aludiu a que a nova infraestrutura tan só lle resta a alta na acometida eléctrica para poder poñela en servizo. Despois de varios meses de obras, a nova estación depuradora de augas residuais de Corrubedo xa está practicamente rematada. É máis o executivo local confía en que poida entrar xa en funcionamento a principios de ano. Actualmente só resta a alta na acometida eléctrica para poñer en servizo a instalación que dará servizo ás parroquias de Olveira, Artes e Corrubedo. Dende o propio concello sinalaron ademais que durante o primeiro ano de funcionamento a xestión da instalación será asumida pola propia empresa construtora Espina Obras Hidráulicas. Ademais o alcalde mostrou a súa satisfacción polo inicio esta semana das obras correspondentes á futura depuradora de Ribeira. Concretamente, operarios da UTE adxudicataria, formada polas empresas Copasa e Passavant España comezaron xa a execución dos tanques de tormenta previstos no parque de Pedra Pateira e no peirao de Aguiño.