As fotos e vídeos das infraccións de tráfico en O Grove estarán dispoñibles na súa web

    O GROVE> As fotos e os vídeos das infraccións de tráfico que se cometan en O Grove poderán consultarse a través da web do concello. O goberno local porá en marcha este servizo nos vindeiros días, que achega esta información aos veciños que foron sancionados por saltar os semáforos en vermello ou non cumprir os límites de velocidade establecidos polos radares. 

     

    Se vostede recibe unha multa no concello do Grove por saltar un semáforo en vermello ou porque foi cazado por un radar, poderá consultar a información da sanción por internet.

    Aínda que esta era unha opción que xa se contemplaba, o concello decidiu acelerar a súa implantación. O servizo estará dispoñible nos vindeiros días na súa web oficial, para evitar que os sancionados teñan que desprazarse ata as oficinas municipais.

    A pesares das queixas, dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados dos radares e coas cámaras que vixían os semáforos en vermello de Xoan XXIII e de Tenente Domínguez. Dous medidas que axudan a pacificar o tráfico no casco urbano meco.

    Bea tamén insistiu en que os veciños do Grove son máis cumpridores que os turistas: un 85% das multas foron para condutores de fóra do municipio. Destacou tamén que as sancións emitidas polo radar baixaron do pico de 650 denuncias ás 40 impostas no último mes.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/multas_trafico_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/multas_trafico_grove.mp4{/flowplayer}