![]()
SALNÉS> Os conselleiros de Presidencia e Medio Rural presidiron a xuntanza do Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais de Galicia.
{flowplayer}images/salnes/COMITE_INCENDIOS.flv{/flowplayer}
A piques de entrar na tempada de máximo risco de lumes, o Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais en Galicia reuniuse esta mañá para compartir os detalles do dispositivo que se despregará na loita contra os lumes. A coordinación e medios compartidos entre administracións autonómica, central e locais é básica para acometer esta tarefa, unha colaboración que o titular de Medio Rural, Samuel Juárez, considera satisfactoria. Ademais do despregue de persoal e maquinaria antiincendios, este ano preténdese seguir poñendo o acento na persecución dos pirómanos.
Segundo explicou Juárez, nesta labor de investigación na autoría de incendios traballan técnicos de Medio Rural, na súa maioría axentes forestais. Este ano preténdese ampliar a plantilla e aumentar os cursos de formación.
Juárez lembra que a colaboración da cidadanía é fundamental á hora de dar cos autores dos lumes intencionados. De aí, do o conselleiro, a importancia da concienciación social.
Redacción Salnés







