![]()
A ILLA> ‘Roubo’ e ‘estafa’ foron as acusacións máis repetidas ante unha situación que todos cualifican de ‘enganosa’.
{flowplayer}images/salnes/queixas_afectados_preferente150312.flv{/flowplayer}
Os veciños da Illa de Arousa que no seu día contrataron participacións preferentes e outros productos bancarios considerados tóxicos volveron a manifestarse diante da oficina de Caixanova. As súas protestas estiveron máis tensas que de costume ó negarse un alto directivo da entidade bancaria a darlle explicacións, e mesmo a protexerse dos protestantes.
Trala marcha do directivo, foi o propio director desta oficina o que falou cos seus clientes brevemente. A xenreira dos afectados ía en aumento ó ver que non se lle daba ningunha explicación.
Roubo e estafa eran as palabras máis repetidas polos afectados ante esta situación que todos cualifican de enganosa. Piden agora a documentación para poder denunciar, pero tamén aí están a ter trabas. A paciencia dos afectados esgótase e a falla de explicacións ou solución algunha enerva máis a estes veciños, que ven como non son quen de recuperar os seus cartos. Agardan a que en quince días lle poidan prantexar algunha solución.
O vindeiro xoves a partir das 5 da tarde volverán ás mobilizacións a este paseo do Xufre. Para entón agardan a que un superior lles reciba para escoitar as súas coitas.
Redacción Salnés









