O xornalista Alfredo Amestoy presenta en Ribeira o seu último libro

    RIBEIRA> O prestixioso xornalista Alfredo Amestoy presentou no Centro Cultural Lustres Rivas o seu libro de teatro ‘En el cielo no hay chanel’. Máis de medio centenar de persoas acudiron a este evento, que contou coa participación do alcalde ribeirense Manuel Ruiz e da concelleira de Cultura, Elvira Pisos. Entre o público, outras autoridades como os alcaldes de Boiro e Porto do Son, Juan José Dieste e Luis Oujo, así como a filla adoptiva da cidade Magdalena Bringas. Durante a súa intervención, Amestoy contou numerosas anécdotas pouco coñecidas sobre a figura de Marilyn Monroe, a protagonista do texto, que se basea nun hipotético encontro no paraíso celestial da mítica actriz co dramaturgo Arthur Miller, un dos seus maridos. Para finalizar a presentación, Olegario Sampedro e Elba Romero exerceron de actores para escenificar ante o público un episodio do libro.O acto estivo coorganizado pola Asociación Exxpopress de Xornalistas de Galicia.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí