Cáritas Noia pon en marcha a súa campaña de nadal

    NOIA> Cáritas de Noia pon en marcha un ano máis a súa campaña de nadal. Como novidade este ano destaca a campaña de captación de novos socios. Como en anos anteriores tamén se porá a venda a súa lotaría de nadal.

    Un ano máis Cáritas comeza a súa campaña de nadal na vila noiesa coa que agardan mellorar os resultados da anterior, na que conseguiron recadar máis de 6.000 quilos en alimentos. Na actualidade Cáritas axuda a 800 persoas, o que veñen sendo 200 familias. Dende a asociación pídese ós veciños que queiran colaborar que donen productos relacionados co nadal para facer mais levadeiras as festas ás familias sen recursos. A novidade deste ano radica nunha nova campaña de captación de socios que se sumará tamén á venda da súa lotaría. Como é habitual colocaranse carriños nos supermercados, colexios e comercios. Ademais destas iniciativas, promoverá en colaboración coa Coral Polifónica de Noia e o conservatorio municipal varios festivais solidarios que se sumarán tamén ó tradicional belén vivinte do colexio Balmes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/campananadalcaritasnoia1211141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/campananadalcaritasnoia121114.mp4{/flowplayer}