A Xunta estuda solicitar ó Goberno Central a declaración de emerxencia pola alta mortalidade de marisco

BARBANZA> A Xunta ten intención de solicitarlle ó Goberno Central a declaración de emerxencia pola alta mortalidade de marisco a consecuencia das chuvias das últimas semanas.

Así o anunciou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, en sede parlamentaria. Segundo el o Goberno Galego tomará as medidas necesarias para recuperar os bancos marisqueiros afectados, tendo en conta ó propio do sector e os informes científicos.

O titular de Mar facía estas declaracións en resposta a unha interpelación presentada polo BNG, a través da súa deputada Rosana Pérez.

A nacionalista  quería coñecer cales eran as medidas que vai a tomar a Xunta para tratar de mellorar a produtividade naquelas zonas máis afectadas pola alta mortalidade do marisco e paliar dalgún xeito o desastre socioeconómico que esta situación está a provocar para moitos mariscadores.