Portos axilizará os trámites para regularizar o uso das instalacións do Club de Remo Puebla

A POBRA> Portos de Galicia axilizará a tramitación para que o club de Remo Puebla poida facer uso das instalacións portuarias accedendo á bonificación de taxas. Así llo trasladou a presidenta do ente autonómico á xunta directiva da entidade deportiva.

A presidenta de Portos de Galicia e o secretario xeral para o Deporte mantiveron un encontro coa xunta directiva do Club de Remo Puebla para tratar de regularizar o uso das instalacións portuarias por parte da entidade deportiva. dende a xunta, lles trasladaron a súa total disposición a buscar a mellor alternativa para que poidan facer uso da nave accedendo á bonificación das taxas.

Unha vez que o concello da Pobra presentou a solicitude para empregar as instalacións, Portos está a estudar a documentación co obxectivo de axilizar o máximo posible a tramitación do expediente e evitar así prexuízos ó club. Os representantes autonómicos lamentaron que a administración local demorase tanto a solicitude de ocupación, posto que o alcalde se comprometera a facelo xa no ano 2020.

A presidenta de Portos expresou que a vontade da Xunta foi sempre a de buscar unha solución para que a entidade poida beneficiarse da rebaixas de taxas ben mediante autorización ó concello ou ben ó propio club.  Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte salientou a oportunidade de axudar a un club de remo histórico para Galicia, nado en 1979 e que desde 2009 recibiu do Goberno galego preto de 57.000 euros en diferentes liñas de axudas. Do mesmo xeito, destacou a importancia do club da Pobra para o deporte base, co campionato de España de bateis en categoría infantil que conquistou en 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí