Maceiras xestionará a consecución dun novo centro de saúde

    novocentrosaude_100_230309.jpgPOBRA> O concello da Pobra volverá solicitar ante a próxima Consellería de Sanidade un novo centro de saúde para o municipio.

    {flowplayer}barbanza/novocentrosaude.flv{/flowplayer}

    Unha vez se constitúa o novo goberno da Xunta de Galicia durante o próximo mes de abril, unha das primeiras xestións que realizará o concello da Pobra será a petición dun novo centro de saúde.

    Esta demanda non é nova senón que o executivo pobrés leva máis de catro anos realizando esta petición ante a Consellería de Sanidade que veu dirixindo ata o momento María Xosé Rubio.

    Mellor servizo

    Agora, coa chegada á presidencia da Xunta de Alberto Núñez Feijoo, o alcalde da Pobra considera que é o momento para conquerir este servizo tan necesario para a cidadanía e corrixir as eivas que ata o momento vén presentando a atención primaria no municipio motivadas polos insuficientes medios e instalacións.

    Redacción Barbanza