Continúa a folga en Lantero á espera do novo plan de viabilidade da empresa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/reaccions_entrevista_lantero.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/12/reaccions_entrevista_lantero.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> As negociacións continúan paralizadas en Lantero. Despois de romper as conversas o pasado venres, aínda se descoñece cal será o novo plan de viabilidade que a empresa anunciou para esta semana. O que se mantén é a tensión entre dirección e comité de empresa. Onte, a compañía acusou aos representantes dos traballadores de falta de vontade de negociación e de dar información parcial.

Trinta e un días dende o inicio da folga e as negociacións paradas. Esta é a situación que se está a vivir en Lantero e que dende a empresa ten un claro culpable: o comité.

Aseguran que os representantes dos traballadores non teñen vontade de negociación. Aínda así, insisten en que a verdadeira liña vermella traspasárona cando contactaron cos clientes.

Dende o comité de empresa vese esta manobra como algo lexítimo. Insisten en que unicamente contactaron cos clientes para informalos do que consideran unha vulneración do seu dereito á folga.

Sobre as demais acusacións vertidas dende a dirección, o comité de empresa asegura non estar sorprendido.

Chegados a este punto, unha volta á normalidade parece difícil. Así as cousas, os representantes dos traballadores están dispostos a volver sentar a negociar cando sexan convocados pola empresa.

Este novo encontro producirase esta mesma semana, probablemente nas vindeiras horas. E é que a dirección de Lantero comprometeuse a dar a coñecer un novo plan de viabilidade para intentar desatascar o parón que sofre a factoría do Pousadoiro.