Os motores ruxirán no parque da Cachada nunha nova edición de Boiromotos

BOIRO> Boiro acollerá esta vindeira fin de semana a concentración de motos. Desenvolverase  do venres 26 ó domingo 28 no parque da Cachada, con numerosas actividades, entre as que destacan varias exhibicións e un concerto tributo a Héroes del Silencio.

Os afeccionados ó mundo das dúas rodas Terán unha cita esta vindeira fin de semana en Boiro cunha nova edición de Boiromotos, unha das concentracións moteiras máis importantes das que se celebran en toda a comunidade, á que tódolos anos se achegan milleiros de moteiros procedentes de distintos puntos de todo o territorio nacional e incluso de fóra.

O programa deste ano será semellante ó de anos anteriores, incluíndo actividades para tódolos públicos. Destacan novamente as exhibicións de stunt a cargo dos pilotos de 666 e Pichu, así como tamén exposisión de motos oldies e clásicas con Old School Galician e Arousa Team.

Dende o Concello destacaron a importancia desta cita, principalmente pola gran cantidade de xente que atrae ó municipio, que dinamiza o comercio e a hostalería local.

As actividades son gratuítas e de libre acceso para todos os públicos pero hai inscricións para poder participar nas comidas organizadas. A programación máis detallada pode consultarse na propia web de Boiromotos ou a través das súas redes sociais.