As obras dos arredores de Santa María non afectarán ás cenas da Feira Franca

    teresacasal_100_070807__still_002.jpgPONTEVEDRA > A tenente alcalde de Pontevedra e delegada de urbanismo, Teresa Casal, visitou esta mañá as obras que se están a realizar …

    … no entorno da basílica de Santa María.

    Casal tomou coñecemento das actuación realizadas acompañada por un técnico en infraestructuras, un arqueólogo, un arquitecto e un representante da empresa encargada das obras.

    Estas obras tentarán reformar a zona coa recuperación das pedras antigas do lugar. Na avenida de Santa María o cruceiro cambiarase de lugar para que volva a colocarse máis atrás no cruce de camiños no que se construíra e aumentaranse as zonas axardinadas. Entre outras medidas, tamén se soterrarán as liñas telefónicas e de luz e se eliminaran os sinais de tráfico do casco vello.

    A data na que rematarán as obras se descoñece pero a zona do Campillo de Santa María aplanarase para que se poidan celebrar as cenas da Feira Franca.

    Redacción Salnés