Boiro acolle este verán o V Campus do Obradoiro Baloncesto

    BOIRO> Máis dun cento de rapaces participarán na quinta edición do campus do Club de Baloncesto Obradoiro. Desenvolverase a finais de xuño e está dirixido a nenos de entre seis e dezaoito anos. Xa está aberto o prazo de inscrición. Entre o 26 de xuño e o dous de xullo, Boiro converterase en sede da quinta edición do Campus Obradoiro Barbanza. Máis dun cento de rapaces, de entre seis e dezaoito anos, beneficiaranse desta iniciativa. Co obxectivo de ampliar aforo con respecto a anteriores edicións, o campus desenvolverase nos tres pavillóns municipais. Paralelamente desenvolveranse actividades complementarias e tódolos participantes recibirán unha entrada para o primeiro partido da tempada desputado polo Obradoiro. A consolidación deste campus como unha cita xa obrigada no Barbanza é posible grazas ó apoio económico do concello e de Jealsa, principal patrocinador do evento.Na organización colabora o club de baloncesto local, o Santa Baia, cunha dilatada traxectoria de máis de vinte e seis anos formando xogadores. O prazo de inscrición xa está aberto, Os prezos varían dende os 95 ós 160 dependendo de se inclúen transporte e comida.