Matías Prats recibe un dos galardón da Asociación Exxpopress

    BOIRO> O restaurante Chicolino de Boiro acolleu a noite pasada a gala de entrega dos premios Exxpopress-2014 que organiza anualmente o Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia. Os galardóns recaeron este ano no xornalista Matías Prats, na serie de TVE ‘Cuéntame cómo pasó’, na cantande Luz Casal, no adestrador de fútbol Fernando Vázquez e na plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza.

    Unhas cen persoas, na súa maioría representantes da vida política, así como tamén do tecido empresarial e social de Arousa Norte, déronse cita esta pasada noite no restaurante Chicolino de Boiro para asistir á cuarta gala de entrega dos premios Exxpopress-2014 que organiza anualmente o Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia. Nun acto que estivo presidido pola secretaria xeral de Medios da Xunta,  Mar Sánchez, foron entregándose os correspondentes galardóns que premian a Dinamización Turística, Cultural, Social e Empresarial de Galicia. Na categoría comarcal o premio esta no foi para a plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza. Na categoría autonómica o galardoado foi o adestrador do fútbol Fernando Vázquez e na categoría internacional a premiada foi a cantante Luz Casal. Como galardóns honoríficos os premios foron para a serie “Cuéntame cómo pasó” de Televisión Española e para o xonalista, Matías Prats. Aproveitouse ademais o acto para presentar a campaña de promoción turística ‘Barbanza é noticia’, protagonizada por Luis del Olmo, Paloma Gómez Borrero, Alfredo Amestoy e Mari Carmen Izquierdo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/galaentregapremiosexxpopress1311141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/galaentregapremiosexxpopress131114.mp4{/flowplayer}