Boiro acolle este domingo a XXXII Bandeira de Traíñas do Concello

BOIRO> Cabo de Cruz acolle este domingo a 32 edición da Bandeira de Traíñas Concello de Boiro. Na proba tomarán parte os 12 equipos que compiten na liga ACT. Aínda que non parte como favorito, o equipo local agarda facer o mellor papel posible afastado xa dos postos de descenso.

O espectáculo para os amantes do remo está servido este domingo en Cabo de Cruz. A localidade boirense acollerá a trixésimo segunda edición da bandeira de traíñas concello de Boiro enmarcada na Liga ACT. A saída será pasadas as doce da mañá no habitual campo de regatas.

O equipo local parte con boas expectativas e un bo posto na clasificación xeral, a salvo do descenso. Dende o concello augúranlle un gran papel ó competir na casa, para o que contan con sobrados méritos despois de 15 tempadas no máximo nivel.

Ó remate da proba terá lugar unha degustación de bonito á grella así como a festa de exaltación de mexillón na que se servirá o molusco en diferentes preparacións e paella.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí