O campionato Galego de Taekwondo celebrase en Porto do Son este sábado

PORTODOSON> O concello de Porto do Son en colaboración co club Natural Sport veñen de presentar o campeonato galego junior de taekwondo que se levará a cabo este sábado no pavillón Santa Irene de Porto do Son. Participarán clubes de toda Galicia e deportistas que gañaron medallas nacionais e internacionais.

O concello de Porto do Son abrirá as portas do seu pavillón este sábado ás 9 da mañá para recibir os 200 deportistas que participarán no campeonato galego junior de taekwondo. Cabe destacar a importancia desde campionato, xa que xunto co absoluto son os máis importantes da federación galega. Ademáis da participación de 200 deportistas estímase que asista como público un total de 500 persoas. Estas inicativas axudan a impulsar a economía do concello xa que moitas persoas que asistirán ó campionato xa teñen reservado un hotel para pasar a noite na vila. A participación está case igualada entre homes e mulleres e o que se pretende con estos campionatos é resaltar valores tanto ós deportistas como ó resto das persoas, valores como respeito, compañeirismo, e afán de superación. Dende o concello e dende o clube de natural sport fan un chamamento a tódolos veciños tanto para asistan como para que animen ós particpantes xa que se trata dun campeonato importante que axudará a clasificarse para os nacionais do ano que vén. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/campionatotaekwondoportodoson1311141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/campionatotaekwondoportodoson131114.mp4{/flowplayer}