RIANXO> O goberno rianxeiro levou a pleno unha proposta para poder acollerse a unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, o IDAE, e renovar así parte do seu alumeado público aínda pendente.
Neste caso a actuación vai destinada a renovación das luminarias en boa parte do casco histórico. En total cambiaranse uns 468 puntos de luz.
Ademais da baixada da pegaa de carbono, a actuación proposta suporá un importante aforro económico para as arcas municipais.
A actuación, cun orzamento previsto duns 547 mil euros, completarase con outras actuacións pendestes nesta mesma liña como a que se prevé realizar no polígono de Té e no paseo marítimo.