Boas expectativas de venda entre as librarías da Feira do Libro que se celebra en Sanxenxo

SANXENXO> A segunda edición da Feira o Libro en Sanxenxo está composto por oito stands. As expectativas dos libreiros son boas, sobre todo, de cara á fin de semana. Nós esta mañá demos unha volta para ver que ambiente se respira e que títulos son os máis demandados.

Son apenas as 12 da mañá, a Feria acaba de abri-las súas portas, pero xa son moitos os que se achegan ata ela para ve-las últimas novidades. As oito librarías que participan no evento recíbennos con boas expectativas: agardan moita xente, sobre todo o sábado e o domingo, e contan con que as vendas vaian ben.

Estes días de verán, ademais, animan á lectura. Unha opción para o lecer, se cadra máis interesante se temos en conta que nesta feira tódolos exemplares contan cun 10% de desconto. Entre o máis demandado, atopamos novelas nas que se mesturan tintes de actualidade e temática social. A literatura infantil, ademais, está a vivir unha época dourada. As publicacións para nenos e nenas cada vez teñen máis demanda.

Entre tódolos compradores que merquen na Feira sanxenxina celebrarase, cada día, un sorteo dun lote de libros. O evento estará na localidade ata o vindeiro domingo. A súa vindeira parada será Rianxo.