Alumnos do CEIP O Piñeiriño aprenden como funciona un composteiro

    VILAGARCIA> Cativos do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía visitaron o composteiro que se instalou no parque do mesmo nome. Unha vez alí unha mestra composteira ensinoulles como funciona e faloulles dos beneficios de esta práctica. O Plan revitaliza que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra continúa dando pasiños para achegar a todos os públicos esta nova práctica de xestión de residuos. Este mércores foron os cativos de O Piñeiriño os que coñeceron o seu funcionamento. Unha xornada lectiva distinta as habituais na que a mestra composteira explicou a estes cativos como funciona un composteiro. Esta xornada formativa parte do centro, dende onde se está a levar a cabo un programa de coidado e respecto do medio ambiente, a través da correcta xestión dos residuos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/plan_revitaliza_pineirino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/19/plan_revitaliza_pineirino.mp4{/flowplayer}