O lume calcina de madrugada una vivenda por completo

    incendio_vilaxoancopy.jpgVILAXOÁN> Por sorte non houbo que lamentar danos persoais xa que o propietario da casa incendiada puido saír polo seu propio pé.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_CASA_VILAXOAN.flv{/flowplayer}

    Varios incendios que se produciron esta madrugada en varias localidade do Salnés mantiveron ós Bombeiros do parque comarcal en alerta durante toda a noite. Un deles produciuse nunha vivenda de Vilaxoán. Aínda que o interior da casa quedou completamente calcinado, o seu propietario resultou ileso. Polo momento, descoñécense as causas que o produciron.

    O incendio produciuse ó redor das seis da pasada madrugada. Foi o 112 o que deu a voz de alarma ó parque de Bombeiros de Vilagarcía que se desprazaron de seguido ó lugar dos feitos. Ó chegar, tal e coma nos relatou o xefe do corpo, as lapas estendéranse por toda a vivenda de a penas vinte metros cadrados.

    Pero por sorte non houbo que lamentar danos persoais xa que o propietario da vivenda incendiada puido saír polo seu propio pé. Así mesmo as casa contiguas a penas se viron afectadas, aínda que tamén tiveron que ser evacuadas nun primeiro momento por precaución. Así o lembran algúns veciños.

    Moitos veciños coñecían a nova esta mesma mañá. Unha verdadeira mágoa, coincidían en resaltar, xa que o afectado, duns oitenta anos, vivía solo e non tiña seguro de fogar.

    Outro dos incendios que se produciu esta madrugada tivo lugar á unha. Neste caso os bombeiros de Vilagarcía atenderon o fogo dunha embarcación que ardeu no porto do Grove.

    Redacción Salnés