O concello da Pobra destina 130.000 euros a melloras na urbanización O Lagar

    POBRA> O concello pobrense ven de anunciar que as obras de urbanización e humanización na zona do lagar comezarán o primeiro trimestre do ano que ven. O importe destas terá un valor de 129.000 euros.

    O edil de obras pobrense, Xóse Manuel Castro, explicou detalladamente cales ían ser as actuacións comprendidas nas obras que se van realizar na rúas de Godello e Condado, nas que se inclúe a construcción de novas beirarrúas e de novas prazas de estacionamento. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, resaltou que é unha das zonas máis importantes no concello en canto ó número de habitantes e á densidade da poboación. Tamén adiantou que se están facendo proxectos de mellora en distintas parroquias do concello cun presuposto de 500.000 euros. Dende o concello fan un chamamento ós veciños da urbanización O Lagar para comunicarlle que nos presupostos do próximo ano esta actuación xa é unha realidade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/14/proxectoremodelacionurbanizacionolagarpobra1411141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/14/proxectoremodelacionurbanizacionolagarpobra141114.mp4{/flowplayer}