![]()
PONTEVEDRA > Os alcaldes e represantes dos concellos de Pontevedra reuníronse hoxe na sede da deputación provincial para escoitar …
… de mans do seu presidente os pormenores do novo programa europeo de axudas ó local. Con elas sustitúese ó Plan Operativo Local que o goberno central retirou este ano.
Este plan, coñecido como POL, supoñía ata este ano unha contía de 10 millóns de euros anuais para investimentos na provincia, que distribuía a deputación. Con esta nova convocatoria das axudas FEDER para o desenvolvemento local e urbano, Galicia contará con 56 millóns de euros para repartir en toda a comunidade nun prazo de 4 anos.
O presidente da deputación criticou hoxe o novo programa. Para Louzán pasamos dun reparto xusto en función do número de habitantes e o tamaño das localidades que se daba co anterior plan, á decisión arbitral que adopten os gobernos central e autonómico. As perdas en inversión son, segundo Louzán, moi graves para os concellos.
Os concellos dispoñen agora de dous meses para presentar propostas ás axudas FEDER. Deberán contar cun mínimo de 20.000 habitantes, e senón terán que facelo de xeito conxunto con outras localidades. Os proxectos a cofinanciar serán finalmente elixidos por unha comisión formada polos Ministerios de Economía e Administracións Públicas, a Dirección Xeral de Cooperación Local, e a Asociación de Entidades Locais.
Redacción Salnés








