NOIA> A consellería de Educación destinará preto de 1’2 millóns de euros ás obras de rehabilitación do IES campo de San Alberto. A actuación, pendente de adxudicación, incluirá a mellora da eficiencia enerxética e o illamento térmico do edificio.
A substitución das actuais fiestras por outras de aluminio, así como as persianas, que levarán illante térmico interior, ou a instalación do novo alumeado con tecnoloxía LED, son algunas das melloras incluídas nesta reforma. Unha actuación, pendente de adxudicación, que suporá un investimento por parte da consellería de Educación de 1´2 millóns de euros.
O alcalde destacou a importancia desta obra cuxo inicio se prevé inminente e que terá continuidade ó longo do curso, compatibilizando os traballos de reforma coa propia actividade lectiva do centro. A actuación súmase á desenvolvida tamén pola consellería de Educación nos últimos anos noutro centro educativo do municipio como foi o colexio Felipe de Castro onde se investiu tamén ó redor do millón de euros.