APECO e ABANCA asinan un convenio de colaboración

    POBRA> Os socios da asociación poderán aproveitarse de mellores condicións na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos, avais ou liñas de desconto nesta entidade financieira. A presidenta da Asociación do pequeno Comercio da Pobra do caramiñal, Amparo Cercedo, e o director de zona de ABANCA en Santiago-Barbanza, Jesús Soto, foron os encargados de asinar o acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da Barbanza. O dito convenio facilita que os asociados a APECO poidan acceder condicións melloradas na contratación de produtos financierios, poñendo tamén á súa disposición a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais, a través das tarxetas de crédito de ABANCA) para dinamizar a actividade mercantil. Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes. Pola súa banda a presidenta de APECO, Amparo Cerecedo, destacou tamén a importancia deste acordo, que permitirá ademais financiar a publicación do Boletín Deán para tódolos seus socios.