Rosa Quintana nega que a Xunta pretenda expoliar os montes

    BARBANZA> A conselleira do Medio Rural respondeu así no Pleno do Parlamento a unha interpelación presentada polo BNG en relación coa política do Goberno Galego coas débedas das comunidades de montes con consorcio ou convenio. Rosa Quintana negou que a Xunta de Galicia pretenda expropiarlle os montes a aquelas comunidades que teñen subscritos consorcios ou convenios coa Administración, tal e como denunciaron dende o BNG. A responsable de Medio Rural garantíu que o seu departamento aplicará a lei de xeito igualitario. Dende o BNG solicitábanlle á Xunta a condonación da débeda a aquelas comunidades que teñan contas pendentes coa Administración, sempre que se cumpran determinadas condicións, atendendo á función social que cumpren, apoiándose naqueles casos nons que exista unha boa xestión. A este respecto, a titular de Medio Rural considera inxusto pedir e conceder isto cando moitas comunidades si aboaron a súa débeda. Respecto ós convenios, Quintana lembrou que tiñan unha función produtiva, de plantación de árbores para o seu aproveitamento comercial. Ademais sinalou que naqueles casos nos que se considere que se están a vulnerar as cláusulas asinadas ou que existen falsas débedas, teñen o dereito de acudirá vía contencioso administrativa para que se dirima a nulidade dos contratos.