Rebaixan un 25% o prezo das parcelas do polígono de Baión

    VILANOVA> O Polígono de Baión está de rebaixas. Concello e Suelo Empresarial del Atlántico veñen de chegar a un acordo para reducir o custo das parcelas nun 25%, coa intención de atraer a novas empresas. Recordemos que ata o de agora o polígono só está ocupado nun 20%.

     

    Vilanova segue buscando a fórmula para impulsar o polígono de Baión. A última pasa por rebaixar nun 25% o prezo do metro cadrado dos solos comercial e industrial.

    Esta rebaixa é o froito dunhas xestións que o concello arrancou o mes de maio ante a empresa que xestiona o polígono, Suelo Empresarial del Atlántico. Ata o momento, só un 20% da superficie está ocupada. Por iso agardan que esta baixada dos prezos sexa un revulsivo.

    Para o alcalde, un xeito de conseguir incrementar a ocupación sería o aluguer de naves xa construídas. Unha fórmula que está a funcionar no veciño polígono de Tremoedo.

    Durán e Tourís ofrecéronse tamén a mediar entre SEA e posibles interesados en asentarse no polígono de Baión.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/14/gonzalo_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/14/gonzalo_vilanova.mp4{/flowplayer}