![]()
CAMBADOS> O portavoz do Partido Popular en Cambados, Luís Aragunde, denunciou ante a Valedora do Pobo, ao acusar o cuatripartito de falta de transparencia. O popular afirma que levan dende o mes de marzo sen recibir ningunha das actas das Xuntas de Goberno.
Luís Aragunde, portavoz do PP en Cambados denunciou ante a Valedora do Pobo, segundo as súas palabras as “constantes negativas” do goberno cuatripartito para facilitar documentación ao único grupo da oposición.
Nesta liña o líder da oposición cambadesa sinala que cando era alcalde, a actual alcaldesa denunciaba no xulgado atrasos menores nas actas.
Unha situación, que Fátima Abal atribúe a un problema administrativo, e recoñece que non é Aragunde o único que non ten esas actas, senón que ninguén as ten por un retraso administrativo.
O voceiro popular confía en que a mediación da Valedora do Pobo permita que esta situación se solucione no menor tempo posible.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/aragunde_denuncia_cambado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/aragunde_denuncia_cambado.mp4{/flowplayer}











