COMARCAS > A falta de que Arousa Norte decida se finalmente se vai pronunciar a favor ou en contra da decisión de Pesca sobre as indemnizacións ós bateeiros polo Prestige, Agame decidiu desmarcarse de Opmega optando por asumir as indemnizacións acordadas pola Xunta. Ábrese así unha brecha no que ata o de agora parecía un sector unido na contra da xestión da Consellería de Pesca.
O departamento que dirixe Carmen Gallego atópase así cun problema menos. Mentres que Opmega e, inicialmente, Arousa Norte se mobilizarán para pedir os 17.800 euros por batea acordados nun principio, Agame confórmase cos 12 mil propostos polo Goberno central e maniféstase conforme coa actitude xeral que está a tomar a Consellería de Pesca en relación ás xestións na inmediatez dos pagos e posta en marcha das análises integrais.
Redacción Salnés