Detidos os presuntos autores de varios roubos no Barbanza

    BOIRO> Axentes da Policía Xudicial da Garda Civil de Boiro detiveron a tres individuos de idades comprendidas entre os 24 ye os 36 anos, veciños de Noia e Boiro, como presuntos autores dun delito de roubo con forza. Impútaselles a subtración de diversos efectos dun inmoble, valorados en máis de tres mil euros. Os feitos acontenceron o pasado 26 de outubro nunha vivenda de Tállara. Os agora imputados roubaron diversas ferramentas e uns 650 litros de gasóleo. O citado inmoble acollía unha autoescola polo que o combustible puido ser subtraído de varios vehículos e tamén dun depósito. O material recuperado foi recoñecido polo seu propietario que xa o puido recuperar. Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira. Os responsables da investigación consideran que con estas detencións danse por resoltos varios roubos cometidos na comaraca do Barbanza durante os últimos meses en vivendas, empresas e mesmo vehículos industriais.