Fole ataca ao goberno municipal pola paralización das obras da praza ante as críticas dos vendedores

    VILAGARCÍA> O voceiro do Partido Popular, Tomás Fole, segue mantendo que a paralización das obras da praza de Abastos de Vilagarcía non se deben en absoluto a unha mala xestión do seu goberno. Para facer pública esta denuncia o exrexedor desprazábase esta mañá ata o mercado onde foi recibido polas críticas dos praceiros que lle acusaban de non facer nada en catro anos.

     

     O exalcalde de Vilagarcía achegábase esta mañá ata a Praza de Abastos para denunciar o que é para el un boicot do traballo que realizou o Partido Popular no anterior mandato. Fole asegurou que eles foron os que conseguiron os fondos para realizar a reforma da praza e que agora se encontran cunha serie de entorpecementos que ninguén aclara.

    Acusa ao actual goberno municipal de mentir e de falta de transparencia e asegura que non existe ningún informe que paralice as obras e reta ao alcalde a ensinalos.

    Tomás Fole insistiu en que o erro ven de 2010 cando el se encontraba na oposición e que o que hai que facer agora é de tratar de buscar unha solución no recurso de alzada que deben presentar e do que afirma non foron consultados polo alcalde. Asegura que con estas actuacións está pondo en risco subvencións que xa foran comprometidas para esta obra.

    Os vendedores da praza non dan por boas as explicacións do exrexedor e recibíano esta mañá con duras críticas á súa xestión durante os pasados catro anos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/pp_vilagarcia_praza.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/pp_vilagarcia_praza.mp4{/flowplayer}