Lantero presentará o novo ERE con máis de 50 despedimentos o luns

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/lantero_empresa_211114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/lantero_empresa_211114.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> 40 despedimentos, 15 externalizacións e baixadas dun 20% dos salarios. Estas son algunhas das medidas que contemplará o novo ERE de Lantero. A empresa presentará o novo expediente de regulación de emprego o luns á 1 do mediodía, despois de que a xuntanza de onte co comité rematara sen acordo.

Despois de case catro horas de negociacións, empresa e comité levantaron onte da mesa sen acordos. A compañía aceptou a luva lanzada por Comisións Obreiras para sentar a falar, pero a esixencia da dirección de suspender a folga segue a ser o atranco das negociacións.

A compañía asegura que os representantes dos traballadores desbotaron unha proposta atractiva.

Despois da xuntanza de onte, a dirección pon data de caducidade ás negociacións fóra do ERE: o vindeiro luns á unha do mediodía.

Segundo adiantaron, o novo expediente contemplará medidas máis duras que o anterior; medidas que xustifican na perda do volume de negocio dos últimos dous meses que, aseguran, acadou o 40%.

De non achegar posturas durante a fin de semana e presentarse o novo ERE, a partires do luns abriríase o período de consultas de 30 días. Tempo despois do cal a empresa asegurou que aplicará este novo expediente con ou sen acordo.