O campión europeo Chema Martínez participará na carreira Sin-Son

PORTODOSON> O concello de Porto do Son ven de presentar a terceira edición da carreira Sin-Son, co patrocinio de La Caixa, que se celebrará o vindeiro 21 de decembro. Pretenden que se consolide como unha das mellores carreiras de Galicia.

A carreira Sin-Son celebrase un ano máis no concello de Porto do Son cada ano con máis expectación que o anterior. Na súa terceira edición estímase unha participación de 1500 corredores, tanto na carreira popular como nas escolares, destacando a participación de grandes atletas como Pedro Nimo e Chema Martínez. O concello de Porto do Son sente o compromiso de seguir organizando este evento, xa que é unha oportunidade para dar a coñecer o concello tanto a nivel turístico como comercial. A carreira transcurre en liña bordeando a costa e consta de 10 kilómetros dende Portosín ata Porto de Son. O evento ten lugar o domingo 21 de decembro pero o sábado 20 haberá charlas, entregaranse os dorsais e o atleta Chema Martínez estará a disposición dos participantes que teñan calquera dúbida. O padriño da carreira, Pedro Nimo, quixo animar a todos a participar neste evento, destacando que xente de fora de Galicia fala e toma referencia da Sin-Son de Portodoson. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/carreirapopularsinson2111141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/21/carreirapopularsinson211114.mp4{/flowplayer}