A Guía de Prevención de Violencia de Xénero está dispoñible na web do concello de Boiro

    BOIRO> O concello de Boiro ven de presentar a ‘Guía Práctica de prevención de Violencia de Xénero para mozos e mozas’, unha publicación dirixida dende o departamento de Servizos Sociais de Boiro para o público máis novo, intentando guiar o seu comportamento con respecto ás súas relacións tanto de amizade como amorosas.

    O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, xunto coa directora xeral da empresa de asesoramento Serviguide, Ana Peón, presentaron onte a tarde esta guía sobre a violencia no Centro Social de Escarabote. A guía fíxose pensando nos mozos e nas mozas, que xa comezan a ter relacións de amizade e amorosas, e o que se pretende con ela e dar unas pautas sobre como tratar a un mozo ou moza e saber o que está ben ou mal nunha relación. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, resaltou que a elaboración de esta guía xunto co plan de igualdade a nivel municipal para o concello de Boiro son os dous traballos mais importantes que están a facer. Para o concello é un deber axudar ós maís pequenos, facerlles comprender que é a igualdade e sobre todo crear hábitos de vida para que a igualdade sexa real. A Guía de prevención de violencia de xénero para mozos e mozas elaborouse co financiamento do concello e da secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia, colaborando tamén o concello na súa redacción e elaboración e actualmente atópase na páxina do concello de Boiro na cal se pode descargar unha copia completa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/27/presentacionguiaparamozosboiro2711141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/27/presentacionguiaparamozosboiro271114.mp4{/flowplayer}