POBRA > A Conselleira de Pesca, Carme Gallego, na visita realizada esta mesma tarde á Pobra do Caramiñal, a onde acudiu para presidi-lo acto de entrega da embarcación “Praia dos Raposiños” á Confraría de Pescadores da localidade. A embarcación virá a mellora-la produción dos bancos marisqueiros e será destinada a labores de rexeneración, control e limpeza de augas.
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carme Gallego, presidiu a entrega da embarcación “Praia dos Raposiños” á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal, nun acto que se desenvolveu no propio peirao da localidade e ó que asistiron tamén o alcalde, Isaac Maceiras, o Patrón Maior, Manuel Maneiro, e a Delegada de Pesca na provincia da Coruña, Rosa Liaño.
A nova embarcación, construída en poliéster e con nove metros e medio de eslora, será empregado para realizar tarefas de limpeza de algas e rexeneración dos bancos marisqueiros, algo que ata o de agora se levaba a cabo coas propias embarcacións dos mariñeiros.
Ademais o barco, con capacidade para catro persoas, está dotado dunha grúa capaz de cargar ata 975 quilos de peso, evitando así que os traballadores da Confraría teñan que traslada-las algas de xeito manual, o que mellorará notablemente as súas condicións de traballo.
O Patrón Maior da Pobra do Caramiñal, Manuel Maneiro, destacou a importancia da entrega desta nova embarcación xa que lle permitirá ó pósito mellora-la producción dos seus bancos marisqueiros e facer labrados continuos sobre os mesmos, para que deste xeito os substrato estea nas mellores condicións posibles.
Con anterioridade a Conselleira foi recibida na Casa Consistorial polo alcalde e membros da corporación municipal. Esta era a súa primeira visita oficial á Pobra e o rexedor pobrés convidouna a asinar no libro de honra do concello.
Durante o acto Maceiras Rivas tamén lle entregou a Carme Gallego un pequeño agasallo consistente nunha praca coa medalla de prata do concello.
Redación Barbanza