Cinco nenos saharauis pasarán o verán en Boiro con familias de acollida

    BOIRO> Os cinco nenos saharuais que están a disfrutar das súas vacacións de verán en Boiro, dentro do programa ‘Vacacións en Paz’, acudiron este mediodía ó concello acompañados das súas familias de acollida. Alí foron recibidos polo alcalde, Xoán Xosé Dieste, e a edil de Servizos Sociais, Carmen Deus, que lles deron a benvida á localidade e lle fixeron entrega de varios agasallos, para que se leven un bo recordo da súa estancia. Os rapaces, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf, pasarán dous meses en Boiro. A súa marcha está prevista para o seis de setembro.

    Comments are closed.