Rianxo aposta polas praias accesibles

    RIANXO> A praia de Tanxil, en Rianxo, conta con tódalas garantías de accesibilidade despois da intervención que vén de realizar o concello grazas a unha axuda da Axencia Galega de Turismo. A instalación de dúas sendas peonís permite o tránsito entre Tanxil e Quenxo que contaránn ademais con baños adaptados de forma permanente. O concello de Rianxo vén de concluír os traballos de mellora da accesibilidade na praia de Tanxil. Ademais da construción duns baños adaptados, a actuación incluíu a instalación de dúas pasarelas de madeira que conectan as praias de Tanxil e Quenxo. A actuación, cun investimento próximo ós trinta e catro mil euros, foi financiada cunha axuda da Axencia Galega de Turismo. Aproveitando a intervención procedeuse tamén á reparación da ponte no paseo de Tanxil con fondos propios. A intención do executivo rianxeiro é continuar coa súa política de accesibilidade universal polo que se acometerá unha actuación semellante nas praias do Pazo e da Torre. Ademais do mantemento das pasarelas está contemplada tamén a instalación de baños adaptados de forma permanente grazas a unha axuda da Deputación da Coruña.