O mártir Xosé Maceiras Vilasó será homenaxeado polo BNG en Boiro

BOIRO> Mañá venres celebrarase na nosa comunidade o Día da Galiza Mártir, polo que o BNG de Boiro realizará un acto para recordar ás vítimas do franquismo. O encontro terá lugar na rotonda de Cimadevila ás oito e media da tarde. Este ano o homenaxeado será Xosé Maceiras Vilasó, mártir do concello de Boiro. O acto central da Galiza Mártir terá lugar en Pontevedra, pero o BNG de Boiro quixo recordar a importancia de celebrar este día en todas as localidades galegas. Por iso, este ano Xosé Maceiras Vilasó será o  homenaxeado en Boiro. Veciño de Escarabote, con só vinte e un anos, foi asasinado polo franquismo. O BNG tamén se celebrará actos en homenaxe ás vítimas do franquismo noutras localizades da comarca como son Ribeira e Pobra.