VILAGARCÍA> O BNG insiste en reclamar a ampliación do Hospital do Salnés, aínda que desta volta buscará o apoio cidadán. Os nacionalistas arrancaron esta mañá unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á Xunta o comezo das obras e a habilitación de partidas económicas para que estes traballos se realicen no 2015.
Deixadez e abandono. Así cualifican dende o BNG a situación na que a Xunta ten á comarca do Salnés.
Os orzamentos do 2015 non contemplan ningunha partida para o Hospital do Salnés. Os nacionalistas presentaran unha emenda que foi desbotada onte polos populares no Parlamento. Por iso cren que chegou o momento da presión cidadá.
Dende o BNG non cren xa nos prazos dados dende a Xunta. A conselleira anunciara que a obra estaría adxudicada antes de finais de novembro; a día 4 de decembro, non hai noticia algunha. Tamén insistiron en que os traballos arrancarían no 2014.
Reclaman para O Salnés o mesmo tratamento que outras áreas sanitarias, e advirten de que non renuncian a esixir unha UCI e un hospital de día para o Hospital comarcal.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/04/bng_firmas_hospital.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/04/bng_firmas_hospital.mp4{/flowplayer}