Lousame e Porto do Son solicitarán un novo obradoiro de emprego conxunto

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/10/visitadelegadaobradoiroempregoiroite1012141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/10/visitadelegadaobradoiroempregoiroite101214.mp4{/flowplayer} LOUSAME> Así llelo trasladaron os propios alcaldes destes dous concellos á delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, durante a visita realizada a un dos módulos do obradoiro de emprego Iroite. Durante a visita, na que a delegada territorial da Xunta, estivo acompañada polos alcaldes de Lousame e Porto do Son, Teresa Villaverde e Luís Oujo, respectivamente, coñeceu o traballo que están a desenvolver as dez alumnas que están a participar no modulo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que forma parte do obradoiro de emprego promovido conxuntamente polos concellos de Lousame e Porto do Son. Trátase de labores de recepción, acollida e organización de actividades, que desenvolven, tanto no centro de día de Lousame coma no centro de día de Porto do Son. A delegada sinalou que o Executivo Autonómico, a través da consellería de Traballo e Benestar, inviste uns 177 mil euros no desenvolvemento desta iniciativa mixta de formación e emprego dirixida a persoas desempregadas. Tanto a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, coma o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, destacaron a importancia desta iniciativa, trasladándolle á propia delegada a súa intención de solicitar un novo obradoiro de emprego para o ano que vén. O obradoiro inclúe ademais outro módulo, neste caso de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, no que están a tomar parte tamén outras dez persoas. En Lousame están a traballar na mellora e mantemento do local social de Cruído e no polideportivo da Silva, así como o acondicionamento dos accesos na aldea da Chave; mentres que en Porto do Son, os traballos consisten na humanización das rúas Outeiro Alto e Outeiro Baixo.