A Marea de Noia denuncia a presenza de ratas no centro de sáude

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/01/denuncia_deficiencia_centrosaude_noia_0103161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/01/denuncia_deficiencia_centrosaude_noia_010316.mp4{/flowplayer} NOIA> A Marea Cidadá de Noia esixe que se acometa unha actuación urxente no centro de saúde da localidade para acabar coas numerosas deficiencias que presenta. Ademais da escaseza de equipamentos denuncian a falla de limpeza coa presenza mesmo de ratas nun punto tan sensible como un centro sanitario. Tras constatar a presenza de ratas no Punto de Atención Continuada de Noia, a Marea Cidadá levará ó próximo pleno unha moción urxente solicitando que se actúe de xeito inmediato para acabar con esta praga. Ademais dos labores de desratización en todo o centro de saúde, a formación independente solicita outras medidas para mellorar a calidade da asistencia sanitaria ós pacientes. Entre elas, a contratación de máis persoal de limpeza, a mellora e renovación dos equipamentos de traballo, o cambio do mobiliario oxidado ou o arranxo das portas en mal estado. Tamén demandan a creación dun baño adaptado para usuarios con mobilidade reducida e a realización dun estudo sobre as necesidades de persoal para atender as numerosas urxencias que recibe o centro. Ademais da moción a nivel municipal, a Marea elevará este paquete de medidas ó Parlamento a través do grupo parlamentario de AGE. A deputada Eva Solla visitará mañá o centro de saúde para coñecer de primeira man as deficiencias que presentan as instalacións.