A plantilla do parque de bombeiros de Ribeira verase ampliada

    RIBEIRA> A mellora partiu dunha solicitude formulada polo propio alcalde ribeirense ó entón director de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, hoxe delegado do Goberno en Galicia, e ó conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Tal e como se ten publicado nos últimos días nos boletíns oficiais autonómico e provincial o Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña sacará a licitación o novo contrato do servizo de prevención e intervención de emerxencias para os vindeiros oito anos. O número de efectivos que traballan nos dez parques de bombeiros da provincia pasará, co novo contrato de 174 a 180. Deses 6 novos membros, 5 estarán adscritos á subsede de Ribeira, polo que o parque ribeirense situado en Xarás pasará a contar de 12 a 17 profesionais. Darase así resposta a unha demanda derivada dende hai tempo ó ser este parque un dos máis activos de Galicia. Segundo explicou o alcalde a solicitude foi realizada por el mesmo ó entón director de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, hoxe delegado do Goberno en Galicia, e ó conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.