POBRA> Por terceiro ano consecutivo, a concellería de Servizos Sociais volve a pór en marcha o servizo ‘Espazo nas Escolas’ coa colaboración da Asociación Antonio Gandoy.
Segundo explicaron dende o Concello, a proposta tivo uns resultados moi positivos dende a súa posta en marcha, sendo unha ferramenta eficaz para as familias na prevención, acompañamento e intervención de diferentes problemáticas que afectan ó alumnado.
Como xa acontecera o pasado ano a oferta vai destinada a totalidade dos centros educativos públicos do municipio, dende infantil a secundaria.
O servizo é ben recibido tamén por parte dos centros educativos, xa que con ela dáse resposta a diferentes necesidades dos alumnos e tamén das súas familias.
Aquelas familias interesadas en formar parte deste programa poderan facelo a través das propias direccións dos centros ou ben ca aplicación abalarMóbil.











