O executivo boirense tenta solucionar os problemas que se dan no transporte público no municipio

BOIRO> Os problemas no transporte público é un tema que tamén preocupa ó executivo boirense. O  alcalde, Xosé Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, mantiveron unha xuntanza con representantes da consellería de Infraestruturas e Mobilidade e da empresa adxudicataria, para trasladarlles as demandas e incidencias do transporte público no municipio.

Na reunión, trasladáronlle as queixas da comunidade educativa polos atrasos na hora de chegada e recollida dos alumnos nos centros ou a suspensión ou cambio de paradas

Ó Concello tamén lle preocupan as conexións con Noia xa que existen gran cantidade de desprazamentos entre ámbalas localidades a consecuencia dos servizos compartidos polos dous municipios como é o caso do conservatorio, a Escola de Idiomas ou o Servizo Público de Emprego.

Tamén se abordaron na xuntanza outros problemas nas liñas regulares de transporte que comunican o municipio con outros concellos limítrofes. Algunhas das principais reclamacións das persoas usuarias son o non cumprimento dos horarios de recollida e paso polas paradas e tamén as conexións de Boiro coa zona sur de Galicia, principalmente con Vigo e Pontevedra.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí