O BNG da Pobra reclama o arranxo do Camiño Real

POBRA> O BNG da Pobra trasladoulle ó equipo de goberno dúas propostas para que sexan incluídas na relación de proxectos a desenvolver con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña. Trátase por unha banda da mellora do Camiño real que discorre pola Ribeiriña e o Conchido. A outra solicitude garda relación coa instalación dunha infraestrutura para o seu uso coma vestiario e almacén para os mariscadores.

O BNG presentou dous proxectos para que o goberno local os inclúa na relación de obras a desenvolver con cargo ó Plan Único de Deputación da Coruña de cara o ano que vén, no que á Pobra ten asignados máis de 385 mil euros. Un deles, unha vella reclamación dos nacionalistas na que agora volven a insistir. O arranxo e mellora do Camiño Real ó seu paso pola Ribeiriña e o Conchido.

A outra das solicitudes garda relación cunha reivindicación da confraría de pescadores da localidade. Trátase da instalación dun espazo para uso coma vestiario e zona de almacén para mariscadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí