BARBANZA> Dende a formación frentista incídese na importancia de mercar produtos galegos e adquirilos no pequeno comercio, xa que revirte e dinamiza a economía local. Un ano máis o BNG da Barbanza vai poñer en marcha durante este Nadal unha campaña de apoio ó comercio local, xa que segundo eles ten un papel de gran importancia como elemento dinamizador da economía dos concellos. Por esta razón comezarán a distribuir en tódolos municipios da comarca diversa cartelería e publicidade co lema da campaña. Dende as filas nacionalistas séguese a criticar as políticas económicas e as subidas de impostos promovidas dende os Gobernos do PP, tanto na Xunta coma no Estado, así como as políticas liberalizadoras do comercio que están a provocar o peche de numerosos pequenos negocios en favor das grandes superficies.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










