Traballadores de Linorsa concéntranse por retrasos nas nóminas

    RIBEIRA> A firma encargada da limpeza do hospital da Barbanza está a realizar os pagos con bastante retraso e nestes momentos adebédalle unha mensualidade. Os 24 empregados de Linorsa, que habitualmente desempeñan o seu traballo no servizo de limpeza do hospital comarcal da Barbanza, concentráronse esta mañá na porta principal do centro hospitalario en sinal de protesta polo retraso nos cobros das súas nóminas. Dende hai varios meses a firma comezou a retrasarse nos pagos, debéndolle na actualidade unha mensualidade. Ademais dos traballadores de Linorsa, na mobilización tamén tomou parte o resto do persial, tanto médico como administrativo do propio hospital, que deste xeito se solidarizou coa súa causa. Tamén se atopaban representantes do sindicato CIG, que aludiron á situación pola que están a pasar os empregados Os traballadores confían en que a concentración de hoxe faga mudar de parecer á dirección da empresa e se acade unha solución satisfactoria, que pase polo pago dos seus salarios.