O alcalde de Boiro será o único con dedicación exclusiva

    organigramagobernoboiro_100.jpgBOIRO> Fernando García Diéguez, primeiro tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Economía e Facenda asumirá unha dedicación parcial.

    O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste presentaba en rolda de prensa o novo organigrama do goberno municipal que estará dividido en nove concellerías, a maioría delas de nova creacións, e no que hai previstas catro tenencias de alcaldía. O propio rexedor asumirá as áreas de Policia Local e Protección Civil.

    {flowplayer}barbanza/organigramagobernoboiro.flv{/flowplayer}

    Fernando García Diéguez será o responsable de Obras Públicas e Vías, Urbanismo, Economía e Facenda mentras que Helena Teixeira Barcala, ademais da segunda tenencia de alcalde asumirá tamén a concellería de Persoal, Cultura, Patrimonio e Comercio.

    A área de Deportes, Xuventude, Festexos, Pesca e Marisqueo será responsabilidade de Manuel Romero, que será tamén o terceiro tenente de alcalde, e Carmen Deus estará á fronte de Servizos Sociais, Muller e Terceira Idade. Cornelia Ces será a edil da nova concellería de Turismo, Participación Cidadá, Relacións Vecinais, Relacións Públicas e Institucionais e Antonio Moledo pasará a ocuparse do Medio Ambiente, Praias e Servizos de alumeado, augas, sumidoiros e o cemiterio municipal.

    Pleno de organización

    Por último, María José Lorenzo levará Ensino, Sanidade e Consumo así como a cuarta tenencia de alcalde e Medio Rural, Agricultura e Montes será responsabilidade de Diego Santamaría Vila.

    No novo goberno boirés, agora en mans do Partido Popular, haberá unha dedicación exclusiva que ocupará o propio alcalde e unha parcial que será asumida por Fernando García, fronte ás tres exclusivas do anterior bipartido. O pleno de organización no que se aprobará este novo organigrama terá lugar o vindeiro martes ás sete da tarde.

    Redacción Barbanza