RIANXO> Rianxo programa un verán cheo de actividades lúdico-festivas. Esta mañá a edil Ana Vidal encargábase de debullar boa parte do programa. Unha das actuacións máis destacadas terá lugar xa esta vindeira fin de semana co concerto de Treixadura, no marco das Festas do Carme.
O concerto do grupo Treixadura este vindeiro domingo na praza Castelao, dentro do programa das festas do Carme, marcará o inicio das actividades lúdico-festivas deste verán en Rianxo. pero non será a única. O Concello ten deseñado un amplo programa de actos. Entre as máis destacadas a celebración un ano máis dunha nova edición da Feira do Libro.
Os eventos gastronómicos tamén terán unha destacada presenza na programación, coas festas de exaltación da xouba e o mexillón, ou a festa de produtos do mar e do río de Leiro.
Destacan tamén neste mes de xullo as festas de Taragoña e do Araño, o Festival de Música Alternativa Antrospinos, o Ciclo de Bandas ou os festivais da Lúa, Titiribeira ou Noites de Jazz.
Xa en agosto haberá tamén dúas sesións de Noite de Cine, Música na Noite e farase coma tódolos anos unha xornada de observación stronómica. As persoas interesadas poderán obter máis información de cada un dos eventos a través das propias redes sociais do Concello: Facebook, Instagram ou na provia páxina web municipal: www.rianxo.gal.










