María Xosé Alfonso será a candidata de CxG á alcaldía de Muros

    MUROS> María Xosé Alfonso será a candidata de Compromiso por Galicia á alcaldía de Muros nas vindeiras eleccións municipais. Alfonso foi elixida por unanimidade, mediante primarias abertas, nunha asamblea celebrada esta pasada fin de semana na vila muradá, na que tamén estivo presente o Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia, Xoán Bascuas. María Xosé Alfonso é actualmente a voceira do Grupo Municipal de Compromiso en Muros, que conta con tres edís na corporación.