Unha exposición fotográfica achéganos á historia do EVA 10

    POBRA> A mostra, titulada ‘Dende a Serra do Barbanza, ó servizo de España’, poderá visitarse na casa de cultura Raquel Fernández Soler ata o vindeiro 20 de maio unha exposición fotográfica. Un bo número de persoas asistiron onte pola noite na casa de cultura Raquel Fernández Soler, da Pobra, ó acto de inauguración da exposición fotográfica titulada ‘Dende a Serra do Barbanza, ó servizo de España’. A mostra, que está organizada polo escuadrón de vixilancia aérea, EVA-10, e patrocinada pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, achega ó visitante ó traballo que desenvolve o Exército do Aire nesta base inaugurada no ano 1985 e que foi creada ante a necesidade de exercer a vixilancia e o control do espazo aéreo de soberanía nacional. O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, en nome tamén do resto de concellos que integran Arousa Norte, destacou o labor realizado ó longo destes trinta anos polo EVA-10. A mostra, que estará aberta ó público na casa de cultura pobrense ata o vindeiro día 20 de maio, coincide ademais coa celebración a finais deste mes da celebración do Día das Forzas Armadas.